As actividades deportivas levan sendo unha parte importante da actividade do Centro dende a súa fundación.
Así ademais do fútbol, fútbol veteranos, fútbol sala, patinaxe artística sobre rodas e cachibol ao longo dos anos houbo iniciativas como o equipo de balonmán, ou incluso un club cicloturista que non acadaron unha traxectoria moi longa.
A cantidade de nenos de todas as idades que a cotío adestran tanto no campo de fútbol de Valladares como o fan nas instalacións do pavillón: no fútbol sala ou na patinaxe artística aseguran un futuro para os seus respectivos deportes, así como unha actividade sana fisica e mentalmente que os afasta de posibles problemas na vida.
Pero as persoas maiores que xogan ao fútbol, fútbol sala, fútbol veteranos, ao cachibol e que patinan nos seus respectivos horarios tamén gozan dunha actividade que os ocupa e entretén.
Amén de pasalo ben cando rematan os adestramentos ou os partidos compartindo experiencias e alegrías ou tristuras, segundo sexan os resultados.
Coa nova pista polideportiva descuberta, ábrese o camiño a novas modalidades deportivas, como pode ser a práctica do tenis.
AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS CONTAN COA SUBVENCIÓN DA:
Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014