Skip to content Skip to navigation

Escola de Acordeóns

 

 


 

 

A Escola de acordeóns do C.V.C Valladares, formouse no ano 2006 baixo a iniciativa do entón Presidente do Centro Cultural A.R. de Valladares D. Gregorio Álvarez. Está composto por 15 acordeonistas, alumnos do mestre D. Xaime Vilas.

O grupo iniciou a súa andadura na Festa do Socio de Valladares, 2006, actuando despois en diversas Asociacións como Monte da Mina, Cabral, Pontellas ou na Festa Veciñal de Castrelos, entre as máis sobranceiras. Cabe mencionar as realizadas en Vilanova de Arousa, no Centro Cultural de Matamá, Festa de Santa Filomena de Mos, na Festa da Cereixa en Beade, no Centro Cultural de Pontellas, no Centro Cultural O Carballo de Priegue, en Becerreira (Cabral), San Campio de Lonxe, no Día Internacional de acordeón de Bembrive e no Certame Internacional de Vilanova de Gaia (Portugal).

O seu director dende a súa fundación é D.Xaime Vilas que comeza a tocar o acordeón aos 9 anos, para logo comezar cos seus estudos de piano no Conservatorio de Pontevedra, onde finaliza a carreira cunhas excelentes notas. A continuación pasou a estudar con Arturo Bastos de Vigo. Tamén tivo a sorte de ter como mestre a Sergio Scappini un dos solistas Italiano de máis fama a nivel internacional, como un dos virtuosos acordeonistas máis populares do mundo e Emanuele Spantaconi músico e mestre coñecido e respectado.

Realizou cursos con Iñaki Dieguez: traballou como acordeonsta no “Circo do Sol”. Colaborou na banda sonora da película “Sempre Xonxa” do director Chano Piñeiro, poñendo o son de acordeón, e realizou actuacións en directo de programas da canle TVG tales como: Luar, Noite de Estrelas, Veciños, entre outros. Asemade ten participado en distintas gravacións de música étnica como Montain Ama, Taiwan Taiwanese Aboriginal – Music from The Tsou Tribe.

Na actualidade forma acordeonistas e pianistas e dirixe a escola de acordeóns e piano  do Centro Cultural A.R. de Valladares, amais de actuar o vivo con distintas formacións, xa seca de música de Jazz, clásica ou comercial


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014