Skip to content Skip to navigation

O CVCV DE VALLADARES FORMA PARTE DA PLATAFORMA "RED CONECTA. CIUDADANÍA COMPROMETIDA"

O CVC de Valladares forma parte dende a súa fundación da Plataforma Red Conecta.Ciudadanía Comprometida.
O próximo día 8 de maio celebrarase a Asemblea constitutiva desta Plataforma  na que o CVC de Valladares acompaña á Fundación Esplai, de Barcelona e a Asociación La Rueca, de Madrid na Xunta Directiva fundacional.
A traxectoria  de colaboración e compromiso ininterrompido do CVC  dentro da Red Conecta  ao longo de case 20 anos levou á entidade promotora, a Fundación Esplai, a contar coa nosa entidade como partícipe deste ilusionante desafío dentro da loita contra a fenda dixital a nivel estatal.
Nesta tarefa participarán grandes, medianas e pequenas entidades e concellos de todo o estado que contan cunha dilatada traxectoria de traballo pola inclusión de todo tipo de colectivos.
Nas imaxes que acompañamos pódense ver os obxectivos e principais fins que ten a recén creada Plataforma.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014