Skip to content Skip to navigation

INFORMACIÓN CAMPAMENTO E DECLARACIÓNS RESPONSABLES COVID 19

Aínda quedan prazas para o campamento durante o mes de agosto.
Nos meses de xuño e xullo están admitidos/as todos/as os/as inscritos/as nados entre os ano 2016 e 2005.
Nos meses de agosto e setembro están admitidos/as todos/as inscritos/as, independentemente do ano de nacemento.
 
Deberán confirmar a praza reservada realizando o pago da primeira quincena/mes que reservou entre os días 14 e 18 de xuño, en efectivo ou tarxeta na oficina en horario de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h, ou realizando unha transferencia bancaria indicando o nome da crianza e o mes que está a pagar, no número de conta ES16 2080 5082 3130 4000 1487. Neste caso, deberán remitir o xustificante do ingreso ó correo electrónico administracion2@valladares.tv.
 
Se rematado este período non queda satisfeita esta cota, entenderase que renuncia a praza reservada.
 
As cotas son:
XUÑO:
Socios/as: 25€ /segundo/a fillo/a= 20€
Non socios/as: 35€ /segundo/a fillo/a= 25€ Entrada ás 8:00h: socios/as= 5€ / non socios/as= 8€
 
XULLO E AGOSTO:
Socios/as: 70€ /segundo/a fillo/a= 60€
Non socios/as: 90€ /segundo/a fillo/a= 80€ Entrada ás 8:00h: socios/as= 15€ / non socios/as= 20€
 
SETEMBRO:
Socios/as: 25€ /segundo/a fillo/a= 20€
Non socios/as: 35€ /segundo/a fillo/a= 25€ Entrada ás 8:00h: socios/as= 5€ / non socios/as= 8€
 
O primeiro día que acudan ó campamento deberán traer cuberta a declaración dos 14 días anteriores ó comezo do mesmo, e tódolos días a declaración de temperatura na que indicarán cada día, ademais da temperatura da crianza, a hora de recollida e a persoa autorizada que se fará cargo do/a menor.
 


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014